Historia

As orixes de San Cristovo de Cea, así como a súa tradición panadeira, discorreron parellas á historia do Mosteiro Cisterciense de Santa María a Real de Oseira, Monacato que nunca deixou de lado as prácticas de moenda e da panificación, provéndose dos recursos necesarios para tal fin, sendo a Vila de Cea principalmente a subministradora do pan.

Dende a súa localización nun cruce e camiños dos cales o máis importante e transitado, por diferentes motivos, durante tódolos tempos era –e segue a ser- o que se dirixe a Santiago de Compostela, San Cristovo de Cea pasou a ser “la Villa del buen pan”, paradigma e referente na provincia de Ourense e incluso en toda Galicia.

Dende a primeira reseña histórica que data do século XIII cando o Abade Don frei Arias Pérez obtén do Rei Sancho IV o privilexio polo que concede ó Coto de Cea Igrexa e feira mensual, ata a actualidade, a Vila de Cea é unha valiosa testemuña da historia de Galicia. A actividade panadeira increméntase notablemente na época da Casa dos Austria. Séculos despois dende a nova Casa de Borbón, e grazas a un proxecto política que persegue a modernización do Reino, realízase no ano 1752 por parte do Marqués da Ensenada un Censo na vila de Cea. En dito censo catalóganse como panadeiros gran parte dos veciños de San Cristovo de Cea, reseñándose tamén os fornos que xa daquela sumaban doce.

Os anos foron pasando e nas primeiras guías de Galicia xa daban conta da calidade do pan, así en 1883 na guía de Cesáreo Rivera e Víctor Manuel Vázquez escríbese o que segue: “La Villa de Cea es famosa en toda la provincia por sus acreditadas tahonas, en las que elabora un pan de trigo exquisito que se vende en el mercado de Carballino y otros pueblos cercanos, en donde es muy apreciado”. Trátase pois, da fidedigna constatación da calidade dun produto elaborado dunha forma singular que o facía moi apreciado, e ademais, da actividade duns fornos que viñan cocendo dende facía máis de cincocentos anos. Anos máis tarde o recoñecido escritor D. Ramón Otero Pedrayo, tamén deixou constancia da notable industria panPan de Ceaadeira da Vila de Cea na súa redacción de “Guía de Galicia”, tendo esta un interese especial xa que é a primeira vez que se recolle un testemuño gráfico do pan xa que se inclúe unha ilustración dunha panadeira vendendo o pan na Vila do Carballiño nun día de feira. O pan segue a conservar a mesma forma que nela se describe.

Na actualidade podemos dicir que a panadería segue a ser a principal actividade agroindustrial deste concello, á que se dedican máis de vinte fornos que elaboran este afamado produto e ó que dende xa fai varios anos se lle dedica unha festa de exaltación no mes de xullo.

Esta web utiliza cookies propias para su correcto funcionamiento. Contiene enlaces a sitios web de terceros con políticas de privacidad ajenas que podrás aceptar o no cuando accedas a ellos. Al hacer clic en el botón Aceptar, acepta el uso de estas tecnologías y el procesamiento de tus datos para estos propósitos. Más información
Privacidad