O presidente, Vicepresidente e o Secretario do Consello Regulador da Indicación Xeográfica Protexida Pan de Cea, Carlos Manuel Rodríguez, Juan Luís Calviño e Ricardo Losada Blanco, respectivamente, presidiron esta mañá una degustación de receitas feitas con Pan de Cea da man da Casa de Turismo Rural “O Cruceiro” (San Cristovo de Cea) baixo a dirección da chef Emma Pinal. Tanto os vogais, como os elaboradores inscritos integrantes da Indicación Xeográfica Protexida Pan de Cea, xornalistas e persoeiros representantes doutros colectivos que asistiron á degustación puideron comprobar de primeira man a versatilidade deste produto de calidade na gastronomía moderna.

A degustación comezou cunha EscumaJ de sopa de allo con Pan de Cea, para despois continuar cunha Torrada salgada de Pan de Cea con toques mariñeiros, pepitos de terneira de Galicia, e tortilla de pataca amparada baixo a IXP Pataca de Galicia, rematando cunha exquisita sobremesa a base de Sandwich xeado de chocolate de Pan de Cea.

Carteis e web

Carlos Manuel Rodríguez aproveitou o encontro cos medios de comunicación para presentarlles os carteis anunciadores das actividades da XXVI Festa de Exaltación do Pan de Cea, da Ruta dos Fornos de Cea e da Andaina Solidaria “Festa do Pan de Cea”. Así, a cita co Pan de Cea será o domingo 2 de xullo mentres que a Ruta dos Fornos terá lugar un día antes, como marca a tradición. Previamente, ofrecerase unha nova edición da Andaina Solidaria, que terá lugar o domingo 25 de xuño. Os fondos que se recaden destinaranse ao proxecto de investigación da biopsia líquida, que promove para loitar contra o cancro o grupo Oncomet do Instituto de Investigación Sanitaria de Santiago.

A presentación tamén servíu para presentar a renovada páxina web do Consello Regulador (www.pandecea.org). Carlos Manuel Rodríguez indicou que o novo portal “conta con maior carga visual, con vídeos e fotografías, intégrase coas distintas redes sociais e incluso ofrecerá a posibilidade de seguir os eventos vía streaming”. Dentro desta páxina ofrécese tamén información sobre as características diferenciadoras dos produtos amparados pola Indicación Xeográfica Protexida do Pan de Cea, ademais de fichas detalladas dos 17 fornos inscritos. A web dispón, ademais, de apartados específicos nos que se dá conta das iniciativas promocionais desenvolvidas polo Consello Regulador e dunha sección específica adicada a receitas elaboradas con Pan de Cea, coma as desta mañá.

Un ano máis o Consello Regulador da IXP Pan de Cea participará con Stand propio en Festur 2017, no recinto feiral de Silleda en colaboración co Concello de Cea para dar a coñecer a Festa do Pan 2017 asi como o propio Pan de Cea e o Concello de Cea.

Do 8 ao 11 de xuño en Silleda!

Hoxe, 29 de maio de 2017 abrimos a nova web do Consello Regulador da IXP Pan de Cea. Trátase dun novo deseño con novas funcionalidades, adpatada a todos os dispositivos e na que atoparás toda a información relativa a actividade do Consello Regulador, tanto de funcionamente como de promoción e asistencia a eventos.

Cunha carga fotográfica maior, e con novos apartados agardamos que sexa do voso agrado.